Non
estamos sós. Hai alguén aí fora. Chegan do espazo exterior e acubíllanse
no máis íntimo da nosa existencia, no fondo escuro da nosa conciencia,
das lembranzas máis queridas, dos máis desacougantes pesadelos. Chegan
un día e quedan para sempre. As veces teñen rostro e nome, outras veces
son só como lenes rozadelas na alma.
Estaba
alí agochado, sempre estaba. Aínda que non o vira sabía que estaba alí,
tras o muro baixo que pechaba a finca, agardando. Chamábanlle Pegaso. Foi pasando o tempo e o terror que me inspiraba mudou
ata converterse nunha presenza triste e agarimosa. Podía imaxinalo tras o muro,
vendo pasar os días, a xente, os cans; sempre dende o outro lado, sempre
só. Ata que a soedade e o devalar monótono do tempo fíxoselle
insoportable. Farto de ver a vida pasar, saltou Pegaso cara a vida. Foi
só un intre, pero tan intenso e fermoso que por unha vez sentíuse vivo.
Só un intre, unha eternidade, e a corda tensouse de sócato.
Sem comentários:
Enviar um comentário